Nariño, Cundinamarca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 263 m | |||
Páxina web | narino-cundinamarca.gov.co |
Nariño é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Alto Magdalena, a 149 km ó suroeste de Bogotá.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe de Nariño foi unha aldea de pescadores e cultivadores de tabaco no sitio da Alquería, a beiras do río Magdalena, e en parte da facenda o Remolino. En 1833, por escritura do 13 de xullo deste ano da Notaría de Tocaima, fíxose a doazón dos terreos de Remolino para a nova parroquia de Nariño. O 31 de marzo de 1833 constatouse que había unha poboación de 1.235 habitantes; nomeouse como párroco Manuel Vega.
A parroquia xurdiu a raíz do enfrontamento entre os sacerdotes e alcaldes de Guataquí e Coello (Tolima) polo cobro dos décimos e tributos de Remolino, que aínda que está na banda oriental do río Magdalena, era xurisdición de Coello. A área de poboación de Nariño foi obxecto de varios preitos a través da súa historia entre os poboadores e os donos das facendas lindeiras. A acta que definiu os límites foi aprobada por acordo de concello No. 3 do día 30 de setembro de 1923.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.colombiaturismoweb.com (ed.). "Concello de Nariño". Consultado o 19 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nariño, Cundinamarca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 31 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)